jueves, 19 de septiembre de 2013

Mínimos esixibles.
1º curso:

  • ·         Describir os astros que poden observarse no ceo: planetas, Sol, Lúa, estrelas.
  • ·         Coñecer a organización do sistema solar.
  • ·         Coñecer as características básicas dos astros integrantes do sistema solar.
  • ·         Asimilar o vocabulario e conceptos fundamentais da unidade.
  • ·         Distinguir basicamente os movementos da Lúa e as súas implicacións: as mareas
  • ·         Distinguir basicamente os movementos da Terra e as súas implicacións: as estacións, o día e a noite, a medida do tempo.
  • ·         Identificar as distintas capas da Terra e os recursos naturais de cada unha que poden garantir un desenvolvemento sostible.
  • ·         Coñecer as propiedades da materia e as magnitudes e unidades que as definen.
  • ·         Manexar aos cambios de unidades do S. I.
  • ·         Coñecer os conceptos de masa, volume e densidade.
  • ·         Coñecer as propiedades dos líquidos, os sólidos e os gases.
  • ·         Recoñecer os cambios de estado e extraer sinxelas conclusións relacionándoos coa temperatura.
  • ·         Identificar os conceptos de elemento, composto, substancia pura e mestura.
  • ·         Apreciar a importancia da atmosfera, as súas funcións e propiedades.
  • ·         Diferenciar as capas da atmosfera.
  • ·         Identificar o concepto de tempo atmosférico.
  • ·         Comprender e utilizar axeitadamente os conceptos e termos máis utilizados na presente unidade, tales como troposfera, isotermas, isóbaras, pluviómetro, clima, tempo, etc.
  • ·         Comprender e identificar a relevancia da contaminación atmosférica na nosa vida.
  • ·         Comprender a importancia da auga e a súa relación cos seres vivos.
  • ·         Describir basicamente o ciclo da auga.
  • ·         Identificar os principais problemas medioambientais e as políticas de protección básicas.
  • ·         Utilizar os conceptos e termos fundamentais da unidade, tales como auga, potabilización, desenvolvemento sostible, depuración,
  • ·         Interpretar e comentar fotografías e imaxes xeográficas relacionadas cos contidos da presente unidade
  • ·         Definir e diferenciar minerais e rochas.
  • ·         Recoñecer basicamente as principais propiedades físicas dos minerais.
  • ·         Identifica as aplicacións principais dos minerais e das rochas.
  • ·         Interpretar a necesidade do reciclado a partir dos problemas relacionados coa explotación de minerais e rochas.
  • ·         Coñecer os factores que explican a vida na Terra.
  • ·         Coñece as funcións vitais dos seres vivos.
  • ·         Manexa o concepto de célula.
  • ·         Diferenza entre células animais e vexetais e distingue organismos unicelulares, pluricelulares e colonias.
  • ·         Comprende conceptos como biodiversidade, fósil, grupo taxonómico.
  • ·         Identificar os grupos taxonómicos máis importantes.
  • ·         Recoñecer imaxes de fósiles.
  • ·         Interpretar do exposto no tema a necesidade conservar a biodiversidade.
  • ·         Coñecer basicamente as características do reino moneras e protoctistas.
  • ·         Coñecer basicamente as características dos tipos de fungos.
  • ·         Diferenciar os grandes grupos de plantas
  • ·         Coñecer os conceptos de plantas briófitas e pteridófitas.
  • ·         Describir brevemente as partes dunha flor e os órganos encargados da reprodución.
  • ·         Coñecer as características básicas dos animais.
  • ·         Describir brevemente os cnidarios, anélidos, platihelmintos e nematodos.
  • ·         Describir brevemente as características dos moluscos e dos artrópodos e equinodermos.
  • ·         Definir basicamente cordado e vertebrado.
  • ·         Describir basicamente as características dos peixes, os réptiles e os anfibios, aves e mamíferos.


3º curso:

• Coñece os conceptos de célula e organización da célula animal.
• Coñece a organización celular do corpo humano.
• Entende o concepto de saúde, enfermidade e as súas manifestacións.
• Comprende o desenvolvemento das infeccións e os métedos de defensa do organismo .
• Coñece os alimentos e a súa clasficación.
• Coñece o aparato dixestivo e a súa función.
• Reflexiona sobre a importancia da dieta para a saúde.
• Coñece os métodos de conservación dos alimentos.
• Coñece a cadea alimentaria e sabe recoñecer a información do etiquetado.
• Coñece as enfermidades relacionadas coa nutrición.
• Coñece o aparato respiratorio, os seus compoñentes e o seu funcionamento.
• Coñece os aparato circulatorio, os seus compoñentes e o seu funcionamento.
• Coñece o aparato excretor, os seus compoñentes e o seu funcionamento.
• Coñece os órganos dos sentidos e os seus receptores.
• Coñecer a neurona, os seus tipos e as súas funcións como transmisora de información.
• Describe o sistema nervioso central e periférico.
• Coñece a diferenza entre coordinación hormonal e nerviosa.
• Coñece a glándula endócrina e as súas funcións.
• Coñece o funcionamento do sistema muscular e esquelético.
• Coñecer as características da reprodución humana e a diferencia entre reprodución e sexualidade.
• Coñece e describe o aparato reprodutor feminino e masculino.
• Coñece os conceptos de ovario, ciclo uterino, fecundación e desenvolvemento embrionario.
• Coñecer o concepto de relevo e a clasificación das rochas.
• Comprende mapas topográficos.
• Comprende o proceso xeolóxico e o concepto de meteorización.
• Comprende o que é o solo e os cambios que se producen no relevo.
• Coñecer os conceptos de paisaxe, risco e impacto ambiental.
• Coñece as partes dun torrente e a súa acción xeolóxica.
• Coñece os tramos do curso do río e comprende a idea de modelado fluvial.
• Comprende a idea de modelado litoral e os procesos xeolóxicos relacionados cos glaciares e co vento.

4º curso:

• Coñece os conceptos de célula e os distintos tipos de células.
• Coñece as partes do núcleo celular e a función celular que alberga.
• Entende as tres funcións vitais da célula.
• Coñece o ARN e o ADN.
• Comprende o significado biolóxico do código xenético e a replicación do ADN.
• Comprende a transmisión xenética.
• Comprende os conceptos de mitose, citocinesis e meiose; ciclos haplotes, diplontes e haplodiplontes.
• Coñece os conceptos de xenotipo e fenotipo.
• Coñece as leis de Mendel e pode resolver algún problema sinxelo relacionado con elas.
• Coñece o ligamento cromosómico e a recombinación xenética.
• Coñece o concepto de mutación xenética e as diferenzas entre mutacións xénicas e cromosómicas.
• Coñece o concepto de xenoma.
• Coñece a existencia e o porqué das enfermidades cromosómicas.
• Coñece as principais técnicas, aplicacións e repercusións da enxeñaría xenética.
• Coñece as hipóteses da evolución química da vida.
• Coñecer as teorías sobre a orixe das primeiras células e sobre a orixe das especies.
• Coñece o proceso de selección natural.
•Reflexiona sobre a importancia das achegas de diferentes disciplinas ao estudo da evolución.
• Coñece ecosistema, nivel trófico, cadea trófica e rede trófica.
• Pode interpretar un fluxo de enerxía nun ecosistema.
• Entende o que son as sucesións ecolóxicas.
• Reflexiona sobre o impacto ambiental.
• Coñecer os conceptos de estratigrafía, estrato, estratificación, e secuencia, serie e descontinuidade estratigráfica.
• Coñece os acontecementos históricos máis importantes do Precámbrico, Paleozoico e Mesozoico.
• Coñecer o concepto de placa tectónica e as placas máis importantes.
• Comprende os conceptos de bordos converxentes e diverxentes e os procesos xeolóxicos asociados.
• Comprende o ciclo de Wilson.
• Comprende basicamente a teoría da tectónica de placas.
• Coñecer os conceptos de esforzo tectónico e falla e os seus tipos.
• Comprende esencialmente a orixe dos terremotos e os conceptos de intensidade e magnitude.
• Coñece a orixe dos volcáns e os seus tipos.
• Comprende a idea de arco insular.
• Coñecer o concepto de relevo.
• Comprende a idea de sistema morfoclimático e os factores do modelado do relevo.
• Coñece os tipos de relevos e a súa formación.